saído, saída
Audio 1
Audio 2
Audio 3

saído (feminino: saída) participio1 Participio do verbo saír. adxectivo2 popular [Animal] en celo. OBSERVACIÓNS: Aplícase sobre todo ao animal femia Unha cadela saída. SINÓNIMOS cacheiro3, quente3 vulgar Excitado sexualmente [persoa]. Parece que anda saído. SINÓNIMOS cacheiro3, quente substantivo feminino4 Acción de saír e momento en que se realiza esta acción. O tren ten prevista a saída para as cinco. SINÓNIMO partida ANTÓNIMO chegada Saída a presión dun líquido. Á saída da escola voute buscar. ANTÓNIMO entrada A saída do Sol. ANTÓNIMO posta1 Non é rapaz de moitas saídas.5 Lugar por onde sae algo ou alguén. A discoteca ten varias saídas de urxencia. Buscar unha saída para as augas. ANTÓNIMO entrada6 Pensamento ou acción enxeñosa ou sorprendente. Este neno ten cada saída que te deixa pasmado. SINÓNIMOS arrancada, arranque, arrincada, ocorrencia7 Medio de saír dun conflito. Non lle quedaba outra saída máis ca dimitir. SINÓNIMOS escapatoria, recurso, solución8 Posibilidade de venda dun produto. Este aparello non ten saída no mercado.9 Lugar de onde saen aqueles que participan nunha carreira ou nunha competición. Todos os pilotos estaban na saída á hora sinalada. ANTÓNIMOS chegada, meta10 Informática Datos que un sistema de procesamento de información ou calquera das súas partes transfire fóra dese sistema ou parte. Estaba mal configurada a saída da impresora e no papel só se vía o código. SINÓNIMO datos de saída FRASES E EXPRESIÓNS CON saído Grella de saída VÉXASE grella

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí