saír
Conxugar
Audio 1

saír /verbos/saír.html verbo intransitivo1 Ir de dentro a fóra, ir para fóra dun lugar. Acaba de saír agora mesmo. Ás sete saen os obreiros da fábrica. ANTÓNIMO entrar A auga da fonte sae avolta. CONFRÓNTESE manar Saíu do país. SINÓNIMOS irse, marchar ANTÓNIMO entrar O avión sae para Londres ás seis da tarde. SINÓNIMO partir Da cheminea saía un fume negro.2 Deixar a casa momentaneamente para distraerse. Non sae nada, pasa o día pechado no seu cuarto. Despois de xantar imos saír de paseo.3(saír de) Deixar un estado ou facer cesar unha situación. Temos que atopar o xeito de saír deste apuro. Saír de dúbidas.4 Manter un trato frecuente con alguén, ir na súa compaña de maneira habitual, en particular cando se trata dunha relación amorosa. Sae cunha rapaza que traballa con el na oficina. Saen xuntos desde hai moito tempo. SINÓNIMO andar5 Ter parecido con alguén de quen se descende. Na forma de ser sae a seu pai. SINÓNIMOS asemellar(se), imitar(se), parecerse, semellar(se)6 Dicir ou facer algo de maneira inesperada. Mira con que nos sae agora!7 Darse a coñecer. Vai saír unha película baseada na súa última novela.8 Facer aparición. Unha nova revista que sae os xoves.9 Aparecer nun medio de comunicación, libro etc. Un escritor que sae moito na televisión. No xornal de hoxe sae un artigo sobre as centrais nucleares.10 [Algo, alguén] resultar de certa maneira. Os queixos saíron moi saborosos. A festa saíu moi ben. Os fillos saíronlle moi traballadores.11 [Algo] ter o resultado correcto, dar co resultado acertado ou chegar á súa solución. Non sei como fago, que non me saen as contas. Por fin me saíu o encrucillado!12 Ser encontrado, aparecer. De onde saíron estes documentos?13 Ser levado fóra dun lugar. O que se fale nesta reunión non debe saír de aquí. Da biblioteca non sae ningún libro sen o seu permiso.14 Ser elixido por votación ou por azar. O número que saíu premiado na lotaría remata en nove. Saíu presidente por dez votos a favor e un en contra.15 [Algo] irse por fóra do sitio onde está contido, onde discorre, circula etc. A auga sae por riba do depósito. O río saíu do leito. O viño saía por un furado da bota.16 [Camiño, rúa] ir dar a outro. Colle a rúa da esquerda que sae á praza. SINÓNIMO desembocar17 [Cousa] resultar a un determinado prezo. A como sae o metro de liño?18 Ser o primeiro en intervir en determinados xogos. Estate atento, que che toca saír.19(saír a) Corresponder certa cantidade nunha repartición. A conta sae a vinte euros por cabeza.20 Alcanzar a alguén, indo por un camiño distinto. Vós ide indo, que xa saio á ponte.21 [Cousa] estar máis alta ou máis cara a fóra ca outra ou outras que a rodean. Os troncos que leva ese camión saen moito. SINÓNIMO sobresaír22 propio e figurado Ter a orixe ou a fonte naquilo que se expresa. O mosto sae da uva. Palabras que saen do corazón.23 [Mancha] desaparecer ao lavala. As manchas de tinta non saen. SINÓNIMOS arriar, dar, desaparecer, irse, quitarse, sacarse24Nacer Deitei a galiña con seis ovos e só saíron catro pitos.25 [Ocasión, oportunidade] presentarse. Saíulle un traballo fóra do país. FRASES E EXPRESIÓNS CON saír Saír a ben con (alguén) Acabar amigo de alguén. Tiveron un negocio xuntos, pero non saíron a ben. Saír (alguén) coa súa Facer que se impoña a súa opinión, conseguir o que pretende. Insistiu e insistiu ata saír coa súa. Saír (alguén) de ton Actuar con malos modos, sen que corresponda á ocasión. Podía protestar sen saír de ton desa maneira. Saír a mal con (alguén) Acabar tendo mala relación con alguén. Despois de seren tan amigos, agora saíron a mal. Saír ao paso Aparecerlle a alguén no camiño que leva. Saíunos ao paso cando viñamos da feira para contarnos a nova. Saír en defensa de (alguén)Defendelo Saíu en defensa de seu irmán. SINÓNIMO saír por Saír o díaAmencer Ao saír o día xa estaban no camiño. SINÓNIMO saír o Sol Saír o Sol Saír o día. Érguete, que xa saíu o Sol. Saír pola tanxente VÉXASE tanxente Saír por (alguén) Saír en defensa de alguén. Sabendo que non é boa persoa, non sei como aínda sae por el.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí