saber
Audio 1

saber2 substantivo masculino Conxunto de coñecementos. Nos libros hai encerrado moito saber. SINÓNIMOS sabedoría, sabenza, sapiencia

saber
Conxugar
Audio 1

saber1 /verbos/saber.html verbo transitivo1 Ter a aprendizaxe necesaria para [facer algo]. Sabes andar en bicicleta? Sabe escribir á máquina con todos os dedos.2 Ter coñecementos verdadeiros e reais acerca de [algo]. Sabe varios idiomas. CONFRÓNTESE coñecer O profesor suspendeume por non saber a lección. ANTÓNIMOS descoñecer, ignorar Tamén absoluto É unha muller preparada, sabe moito.3 Ter coñecemento ou estar informado de [certa cousa]. Aínda non sabe o resultado. SINÓNIMO coñecer4 Ser consciente de. Non sabe o que fai. verbo intransitivo5 Ter sabor, ter bo ou mal sabor, ter sabor a. A comida esta non me sabe nada. Que mal sabe este queixo! Estas patacas saben a pementos. FRASES E EXPRESIÓNS CON saber A saber Frase coa que se introduce a explicación de algo que se acaba de citar, que ten o significado de ‘isto é’. Expuxo as súas prioridades, a saber: a ampliación da empresa e o saneamento. Non saber que facer VÉXASE facer Saber a pouco Gustar ou interesar algo tanto que quedan ganas de máis. Gustounos tanto a película que as dúas horas soubéronnos a pouco. Vai ti saber VÉXASE ir

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!