salsa
Audio 1

salsa substantivo feminino1 Líquido máis ou menos espeso preparado con aceite, especias e outros ingredientes, no que se preparan certas comidas ou que se utiliza para acompañalas. O mellor do guiso era a salsa. SINÓNIMOS chorume, mollo1, prebe2 Auga do mar. Foi buscar unha pouca salsa para meter os berberechos.3 Música de orixe caribeña de ritmo vivo e alegre con influencias do folclore afrocubano. Nese local de copas poñen salsa.4 Baile que se executa con esa música. Dos bailes de salón, o que máis lle gusta é a salsa. FRASES E EXPRESIÓNS CON salsa Salsa boloñesa Salsa de tomate con carne picada e especias, utilizada fundamentalmente como acompañamento das pastas. Preparou lasaña con salsa boloñesa. Salsa cazadora Salsa típica da cociña francesa, que contén champiñóns, cortados en láminas, salteados en manteiga xunto con rodelas de cebola. A salsa cazadora está especialmente indicada para carnes de caza e ten un sabor intenso pero delicado. Salsa de tomate Salsa que se elabora principalmente con tomates maduros, aceite, allo e cebola. Aos nenos gústalles a pasta con salsa de tomate. Salsa maionesa VÉXASE maionesa Salsa rosa Salsa preparada con maionesa e salsa de tomate, á que se lle poden engadir outros ingredientes. Tomou peixe á prancha con salsa rosa. Salsa tártara Maionesa á que xeralmente se lle engade ovo duro, alcaparra, cebola, perexil e cogombro. Acompañou a carne cunha salsa tártara. Salsa verde Salsa que ten como ingrediente principal o perexil e que xeralmente se elabora para acompañar peixe. Preparou a pescada en salsa verde.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!