saltar
Conxugar
Audio 1

saltar /verbos/saltar.html verbo intransitivo1 Separar o corpo do chan co impulso das pernas, en particular cando se trata de impulsos continuos, pequenos e relativamente bruscos. Saltar cos pés xuntos. Saltar de alegría. SINÓNIMOS brincar, choutar, pinchar, pular2 Lanzarse desde certa altura. Saltar pola ventá. Saltar en paracaídas. Gústalle saltar desde o trampolín.3 [Algo] saír despedido impulsado por algunha forza. Ao abrir a botella saltou o champaña. Saltoulle aceite da tixola.4 Romper, fender bruscamente, facer explosión. O prato saltou pola calor. Saltar os fusibles.5(saltar con) Dicir algo de maneira repentina, inesperada e inconveniente. Cando menos o esperas, salta con algunha impertinencia.6 Caer con violencia sobre unha persoa ou animal. O voitre saltou sobre a súa presa. SINÓNIMO abalanzarse7 Manifestarse bruscamente como resposta a algo. Salta á máis mínima insinuación.8 Deporte [Xogador] saír ao terreo de xogo. Xa saltaron ao campo os dous equipos.9 Erguerse subitamente. Saltar da cama. Saltar da cadeira.10 figurado Pasar sen transición dunha cousa ou situación a outra. Non sei o que me está dicindo, salta dunha historia noutra. De secretaria saltou a xerente. verbo transitivo11 Superar [un obstáculo, distancia ou marca] erguéndose do chan ou lanzándose desde certa altura. Estás seguro de poder saltar o muro? SINÓNIMO pinchar Saltou o río.12 Omitir voluntaria ou involuntariamente [un elemento, etapa, parte etc.] dunha acción, relación ou proceso. Saltou unha liña ao pasar o texto á máquina. Ao tomar lista, saltou o meu nome. FRASES E EXPRESIÓNS CON saltar Saltar á vista VÉXASE vista

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!