salto
Audio 1

salto substantivo masculino1 Acción de saltar, de elevarse ata certa altura, lanzarse desde o alto ou superar un obstáculo ou marca. Pasou a charca dun salto. Necesitas coller máis impulso para o salto. SINÓNIMOS brinco2, chimpo, chouto, pulo Un erro no salto do último valo. SINÓNIMO pincho22 Distancia que se percorre ao saltar. Fixo un salto de oito metros e medio. O xuíz apresurouse a medir o salto do atleta.3 Desnivel brusco ou pronunciado no leito dun río onde se precipita a auga. Aproveitamento dos saltos para a produción de enerxía. SINÓNIMOS abanqueiro, cadoiro, fervenza, freixa, ruxidoira, salto de auga, seimeira CONFRÓNTESE catarata4 figurado Acción e efecto de pasar dunha situación ou dunha cousa a outra dunha soa vez. Produciuse un salto cuantitativo importante.5 Falta ou espazo baleiro nunha serie de cousas ou nunha cousa composta de partes. Na película había un salto de dez anos na acción.6 figurado Latexo forte. Ao escoitar a canción, deume un salto o corazón. SINÓNIMO chouto FRASES E EXPRESIÓNS CON salto Salto de altura Deporte Competición deportiva na que o atleta ten que saltar por encima dun listón colocado a diferentes alturas. Foi campión de salto de altura nas últimas Olimpíadas. Salto de auga Salto (acepción 3). O ruído do salto de auga xa se escoitaba desde lonxe. Salto de lonxitude Deporte Competición deportiva na que o atleta ten que saltar unha distancia a partir dunha liña determinada. Ten a mellor marca mundial en salto de lonxitude. Salto mortal Pirueta que consiste en dar unha volta completa no aire. O ximnasta executou un dobre salto mortal.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí