santa
Audio 1

santa VÉXASE santo

santo, santa
Audio 1
Audio 2

santo (feminino: santa) adxectivo1 Relativo ou pertencente a Deus ou á relixión, que ten un carácter sagrado. Os santos óleos. O santo nome de Deus. A Porta Santa. Os santos lugares. Os santos Evanxeos. Terra Santa. Guerra santa.2 Atributo propio de Deus, co que se quere significar a súa extrema perfección, pureza, bondade etc. Deus santo, compadécete de nós.3 Que se axusta rigorosamente aos preceptos relixiosos establecidos. A vida santa do ermitán.4 figurado Moi eficaz. Santo remedio. substantivo5 Persoa que, polas súas virtudes durante a vida, foi declarada pola Igrexa digna de culto despois da súa morte. San Rosendo foi un santo galego. Os fieis rézanlles aos santos para que intercedan por eles perante Deus. Tamén adxectivo Santo Estevo. CONFRÓNTESE san1 OBSERVACIÓNS: Diante dos nomes propios que comezan por vogal utilízase a forma santo A santa Mariña.6 Imaxe que representa a figura dun santo. Roubaron varios santos do retablo da catedral.7 figurado Persoa extraordinariamente boa ou cunha paciencia fóra do común. Como podedes desconfiar dun santo coma el? Só un santo coma ti pode pasarlle tantas. Ese neno é un santo. substantivo masculino8 Día en que a Igrexa celebra o santo do que unha persoa leva o nome, así como a propia festa con que o celebra. Hoxe estou de santo. Mañá é o teu santo. SINÓNIMO onomástica9 popularPupila Tiña o santo dun ollo distinto do do outro.10 popular Gravado ou ilustración dun libro. OBSERVACIÓNS: Úsase sobre todo en plural Aínda non sabe ler pero míralle os santos.11 CatolicismoSanctus Chegou á misa cando estaban rezando o santo. substantivo masculino plural12Novembro Por santos apáñanse as castañas. substantivo feminino13 popularPupila Míralle as santas ao peixe e sabes se está fresco ou non. FRASES E EXPRESIÓNS CON santo Acabarlle coa paciencia a un santo Desesperar a alguén. Estes rapaces son o demo; acábanlle coa paciencia a un santo. SINÓNIMO facerlle perder a paciencia a un santo Ano santo VÉXASE ano1 Día santo VÉXASE día Espírito Santo VÉXASE espírito Facerlle perder a paciencia a un santo Acabarlle coa paciencia a un santo. Cala xa, que lle fas perder a paciencia a un santo. Santa Compaña VÉXASE compaña Santa do ollo popularPupila O médico miroulle a santa do ollo. Semana Santa VÉXASE semana Venres Santo VÉXASE venres Xoves Santo VÉXASE xoves

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!