seca
Audio 1
Audio 2

seca substantivo feminino1 Falta prolongada de chuvia. Coa seca estiñaron todas as fontes. SINÓNIMO secura2 Parte dun areal que queda ao descuberto na marea baixa. Anda xente mariscando na seca.3 Nivel máis baixo que acada a marea. Mira aí no xornal a que hora é a seca. SINÓNIMO baixamar ANTÓNIMOS chea, preamar

seco, seca
Audio 1
Audio 2
Audio 3

seco (feminino: seca) participio1 Participio irregular do verbo secar. adxectivo2 Que secou, que non ten humidade. Xa está a roupa seca. SINÓNIMO enxoito ANTÓNIMO húmido3 [Planta, parte dela] que está morta. Hai que arrincar as pólas secas e queimalas. A rubideira do salón está seca.4 Que non dá líquido. Este verán hai moitas fontes secas.5 [Clima, tempo, lugar] que se caracteriza pola escaseza de chuvia. Un verán seco. Recomendáronlle un clima seco. ANTÓNIMOS chuvioso, húmido6 [Pel, cabelo etc.] que lle falta graxa ou hidratación. Xampú para cabelos secos. ANTÓNIMO graxo7 Que non deixa opción a réplica. Contestoulle cun non seco.8 [Son, ruído] que é rápido e non resoa. As pedras do valo fixeron un ruído seco ao caeren.9 [Tose] sen expectoración. Deulle un xarope para esa tose seca.10 [Bebida] que ten un sabor pouco ou nada doce. Champaña seco. Tomamos un xerez seco e unhas olivas.11 figurado Sen outra cousa, só. Aínda has comer pan seco.12Fraco Está seco, non ten máis ca os ósos.13 figurado Pouco amable, de poucas palabras, inexpresivo. É máis seco ca unha acha. FRASES E EXPRESIÓNS CON seco A secas 1 Só, sen máis nada. Comes o queixo así a secas? -Chámaste Xosé a secas? -Non, Xosé Manuel. 2 Sen comer e sen beber. Tráenos un vaso, non imos estar a secas. A seco Só polo salario acordado, sen a comida. Contratáronte a seco ou a mantido? En seco 1 Sen auga. Quitar unha mancha en seco. Limpeza en seco. 2 Totalmente fóra da auga. Coa baixamar, algúns botes quedan en seco. Frear en seco VÉXASE frear Froito seco VÉXASE froito Golpe seco VÉXASE golpe1 Herba seca VÉXASE herba Seco coma as pallas VÉXASE palla

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!