secundario, secundaria
Audio 1
Audio 2

secundario (feminino: secundaria) adxectivo1 Que ocupa o segundo lugar nunha serie. Ensino secundario.2 Que é de segunda orde ou de menor importancia. Deixemos eses aspectos secundarios e concretemos o tema da discusión. ANTÓNIMO capital CONFRÓNTESE accesorio3 Xeoloxía Relativo ou pertencente á era secundaria. Os dinosauros son os destacados representantes da fauna secundaria. substantivo masculino4 Xeoloxía Segunda era xeolóxica, que durou arredor de cento trinta millóns de anos. A aparición dos mamíferos e das aves data do secundario. SINÓNIMO era secundaria substantivo feminino5 Etapa do ensino que comprende a escolarización entre os doce e os dezaoito anos. A secundaria comprende o ensino secundario obrigatorio e o bacharelato. SINÓNIMOS educación secundaria, ensinanza secundaria, ensino secundario FRASES E EXPRESIÓNS CON secundario Cores secundarias VÉXASE cor Educación secundaria Secundario (acepción 4). Cando remate a educación secundaria pensa ir á universidade. Educación secundaria obrigatoria Etapa do ensino obrigatorio que comprende a escolarización entre os doce e os dezaseis anos. OBSERVACIÓNS: Escríbese habitualmente coas siglas ESO Convocáronse os premios extraordinarios para os alumnos de educación secundaria obrigatoria. SINÓNIMOS ensinanza secundaria obrigatoria, ensino secundario obrigatorio Efectos secundarios VÉXASE efecto Ensinanza secundaria Secundario (acepción 4). Prepara as oposicións para ensinanza secundaria. Ensino secundario Secundario (acepción 4). É profesor de ensino secundario. Ensinanza secundaria obrigatoria Educación secundaria obrigatoria. Estuda segundo de ensinanza secundaria obrigatoria. Ensino secundario obrigatorio Educación secundaria obrigatoria. No instituto, hai trescentos alumnos na etapa do ensino secundario obrigatorio. Era secundaria Xeoloxía Secundario (acepción 3). Na era secundaria aparecen as primeiras aves e os primeiros mamíferos. Sector secundario VÉXASE sector

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!