seguir
Conxugar
Audio 1

seguir /verbos/seguir.html verbo intransitivo1 [Cousa, persoa] vir, ir ou estar a continuación doutra. Os magostos seguiron á vendima e xa se anunciaba o inverno. Para el a familia é o primeiro, e logo séguelle o traballo. O que segue está escrito en tinta azul. A casa que lle segue a aquela é a miña. SINÓNIMO suceder ANTÓNIMOS anteceder, preceder2 Estar aínda nunha situación ou actividade determinada. Segues traballando na mesma fábrica? Imos seguir de viaxe ata que rematen as vacacións. SINÓNIMO continuar verbo transitivo3 Ir detrás de [unha persoa ou animal], ás veces sen ser advertido, para darlle caza ou con outro fin. Os cans seguiron o coello ata o tobo. Decatáronse de que os seguía un coche patrulla. CONFRÓNTESE perseguir4 Ir despois de [alguén] a un lugar cunha determinación semellante. En canto puido, seguiuno a Suíza, onde el atopara traballo.5 Ter como guía, modelo, referencia etc. [unhas ideas, doutrina...]. Nas súas investigacións segue as teorías máis avanzadas. Eu sigo a miña intuición.6 Non apartarse da forma de [algo, xeralmente longo e delgado, ou algo que se ve como unha liña]. O paseo marítimo vai seguindo a costa.7 Estar de parte de [algo ou alguén]. Non te preocupes que eu sígote, conta comigo.8 Dirixirse por [un camiño, estrada etc.]. Ti sigue o camiño da esquerda ata chegar ao regato.9 Volver comezar [algo que se interrompeu]. Cinco minutos de descanso e seguimos o traballo. SINÓNIMO continuar10 Ir con [alguén que leva a iniciativa dun movemento]. Ela seguíao a todas partes.11 Comprender [algo ou alguén que se está observando ou escoitando]. Mira, perdoa, pero non te sigo, non entendo. Seguía con dificultade as explicacións do profesor.12 Estar interesado e manterse informado sobre [algo ou alguén]. Encargoulle a un reporteiro que seguise a noticia. Hai tempo que non sigo a súa traxectoria.13 Presenciar, ver [un espectáculo, un acontecemento]. As autoridades seguiron a obra desde o palco. Algúns afeccionados seguían a carreira desde as ventás.14 Ver como se suceden [os distintos elementos conectados dunha secuencia]. Na exposición de fotografía podíase seguir a evolución da cidade.15 Ler mentres se está a interpretar [unha partitura]. Os concertistas seguen fielmente a partitura.16 Frecuentar [un curso, clases etc.]. Todos os que seguiron as súas clases o admiraban. FRASES E EXPRESIÓNS CON seguir Seguir a corrente (a alguén) VÉXASE corrente Seguir (algo ou a alguén) coa mirada (vista etc.) Manter a mirada posta en [algo ou alguén que se despraza]. Seguino coa mirada ata que saíu da sala.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]