sentido, sentida
Audio 1
Audio 2

sentido (feminino: sentida) adxectivo1 Afectado no espírito por algunha falta de cortesía, de atención etc. Quedou moi sentido por non o convidardes á cea. SINÓNIMO resentido2 Que sente, expresa ou dá mostras de pena, dor, compaixón etc. Escribiulle unha carta moi sentida. Moito chorou a pobre, é moi sentida. SINÓNIMO doído CONFRÓNTESE compasivo substantivo masculino3 Cada unha das cinco facultades que permiten percibir as impresións producidas polos obxectos do mundo exterior, e que corresponden a un órgano específico. O sentido da vista está nos ollos, o do gusto na lingua.4 Facultade mental que permite entender as cousas, xulgalas e actuar en consecuencia. Os animais carecen de sentido. SINÓNIMOS entendemento, razón, senso, xuízo CONFRÓNTESE intelecto5 Capacidade mental de actuar de maneira razoable e correcta. Tes pouco sentido. SINÓNIMOS sensatez, senso, siso, xuízo6 Aptitude para actuar, comprender ou xulgar ben en algo concreto. Non ten sentido do ritmo.7 Maneira en que se entende ou pode entender un escrito, expresión, palabra etc. Esa frase ten dobre sentido. A palabra ‘costa’ pode ter varios sentidos. SINÓNIMO senso CONFRÓNTESE interpretación, lectura, significado8 Estado de plena consciencia. Co golpe perdeu o sentido. SINÓNIMO coñecemento9 Cada unha das dúas maneiras en que se pode percorrer unha dirección. Non adiantou por vir outro vehículo en sentido contrario.10 Razón de ser. Non ten sentido que reclames agora despois de avisarte varias veces. FRASES E EXPRESIÓNS CON sentido Cos cinco sentidos Poñendo a máxima atención. Cando collas o coche vai cos cinco sentidos. En sentido ascendente locución adverbial Informática Referido á transmisión de datos, realizada desde un cliente a un servidor. Cunha ADSL, as conexións en sentido ascendente son máis lentas ca en sentido descendente. En sentido descendente locución adverbial Informática Referido á transmisión de datos, realizada desde un servidor a un cliente. Velocidade da transferencia en sentido descendente. Poñer os cinco sentidos Facer [algo] prestando a máxima atención. Recolle a louza e pon os cinco sentidos, non vaias romper máis pratos. Sentido común Calidade ou capacidade de xulgar e actuar cabalmente, bo xuízo. Só che pido que obres con sentido común. Sentido do humor VÉXASE humor Trocar o sentido Facer que alguén non razoe. Ese rapaz parece que che trocou o sentido. Trocarse o sentido Non razoar. Cos anos, trocóuselle o sentido.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!