sentir
Conxugar
Audio 1

sentir /verbos/sentir.html verbo transitivo1 Percibir a través dos sentidos, en particular do oído. Non te sentiron chegar. Sentín as pisadas. SINÓNIMO oír CONFRÓNTESE escoitar2 Percibir, experimentar [certas sensacións]. Xa se sente o frío do inverno. Sentiu unha dor no peito. Sentir sono.3 Experimentar [un sentimento]. Sentir alegría. Sentir amor. Sentir pena.4 Experimentar un sentimento de pena por [algo que se expresa]. Sentín moito a morte de teu pai. Sentía ter que abandonar o país. Sinto moito o que lle dixen. SINÓNIMO lamentar CONFRÓNTESE deplorar5 Ter ou tomar consciencia de [algo]. Sentía que o asunto lle escapaba das mans. Sentía que todas as miradas se pousaban nela. SINÓNIMOS decatarse, notar6 Experimentar os efectos de [algo negativo]. As plantas senten a falta de rega durante o verán.7 Ter sensibilidade para. Sente a beleza da paisaxe. verbo pronominal8 Ter consciencia de estar ou de atoparse dun determinado xeito. Sentiuse mellor despois de tomar a macela. Sentíase capacitado para realizar aquel labor. Sentiuse humillado.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!