ser
Conxugar
Audio 1

ser1 /verbos/ser.html verbo intransitivo1 Ter existencia ou realidade. Ser ou non ser. Era unha vez un país…. CONFRÓNTESE existir, haber12 [Feito] ter lugar. Todos estaban ás portas agardando a ver que fora. SINÓNIMOS ocorrer, pasar1, suceder3 Serve de cópula entre o suxeito e o atributo. Esta árbore é dereita coma un fuso. O que dis é mentira. Sempre foi unha persoa responsable.4 Seguido da preposición de pode significar: formar parte de, pertencer a, ser natural ou propio de. Manolo é da tripulación do pesqueiro Riobao. Esta casa é de meu curmán. O novo veciño é de Ribadavia.5 Estar feito de algo ou con algo. O moble da sala é de nogueira. A empanada é de bacallau.6 Indica o tipo de parentesco que unha persoa ten con outra. Que es del? Sonlle curmán.7 Expresa a pertenza a unha determinada familia. De quen é este rapaz? Éche de Antón. FRASES E EXPRESIÓNS CON ser A non ser Indica a exclusión, en canto á participación na acción expresada polo verbo, do termo que segue. Bebían todos, a non ser un que case non se tiña de pé. A non ser que 1 Indica exclusión. Ti leva este paxe, a non ser que prefiras estoutro de vergas. 2 Introduce unha condición. Acaba axiña, a non ser que queiras que te mande para outro sitio. Non sendo A non ser. Non sendo este, os demais son parentes. Non vaia ser que Expresión que indica que algo se fai por precaución polo que poida pasar. Vai coller a roupa, non vaia ser que chova. Ou sexa Expresión que indica que o que vén despois é unha aclaración do que se dixo antes. Subliña as sílabas tónicas, ou sexa, as que levan acento. Ser + a + infinitivo Perífrase verbal de valor resultativo. Todos eran a preguntarme que pasara. Ser de poucas falas VÉXASE fala Ser + participio Perífrase verbal pasiva en que o participio funciona como atributo e o suxeito aparece como paciente da acción verbal. Os presos foron xulgados polo tribunal. OBSERVACIÓNS: Esta construción é pouco común na lingua literaria e menos aínda na lingua falada, pois o normal é presentar o suxeito como axente da acción verbal: O tribunal xulgou os presos

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí