servir
Conxugar
Audio 1

servir /verbos/servir.html verbo transitivo1 Traballar como servente ás ordes de [alguén]. Serviuno durante moitos anos. Tamén absoluto Serviu nunha casa rica.2 Dar ou subministrar a [alguén] o que necesita ou pide. Servir un cliente. CONFRÓNTESE atender3 Dar ou subministrar [aquilo que alguén necesita ou pide]. Esta semana non lle podemos servir a mercancía.4 Pór [un alimento ou bebida] no recipiente no que vai ser consumido. Serviron os xeados nunha copa. Xa serviron o café.5 Pór a comida e a bebida en [a mesa] para ser consumida. Servir a mesa.6 Prestar voluntariamente unha axuda ou facer un favor a [unha persoa]. El no que puido sempre os serviu.7 Axudar a [un partido, causa etc.]. Servir os intereses do partido. verbo intransitivo8 Ser de utilidade para aquilo que se expresa. Serviulle ser fillo de quen é para atopar traballo. Isto serviulle para reflexionar sobre o asunto.9 Poder ser utilizado en vez de. Esta pedra serve de martelo para cravar as puntas.10 Ser útil ou apropiado para algo. Tira con ese traste, que non serve para nada. Esta caixa sérveche para gardar os lapis. SINÓNIMO valer11 [Peza de vestido, calzado] ser apropiado polo seu talle ou polo seu número para alguén. Xa non lle serven os zapatos. Ti cres que lle servirá o xersei? SINÓNIMO valer12 Deporte Poñer en movemento a pelota. Serve o xogador local. verbo pronominal13 Proverse do necesario ou do que se desexa. Sírvete ti primeiro.14(servir de) Utilizar algo ou a alguén para algo ou en lugar de algo, valerse de. Serviuse de trampas para gañar. FRASES E EXPRESIÓNS CON servir Servir en bandexa VÉXASE bandexa

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!