servizo
Audio 1

servizo substantivo masculino1 Acción e efecto de servir. Prestar un servizo. Neste restaurante o servizo é rápido.2 Traballo ou actividade de utilidade pública e organismo que asegura a súa realización. Está de servizo no hospital esta fin de semana. Morreu en acto de servizo. Servizo de correo.3 Conxunto de obxectos utilizados para servir a mesa. Un servizo de porcelana de Sargadelos.4 Conxunto de utensilios que se lle pon a cada comensal na mesa. Hai que pór un servizo máis, que chegou un novo convidado. SINÓNIMO cuberto5 Peza dunha casa ou dun local onde está o inodoro. Por favor, onde está o servizo? SINÓNIMOS latrina, retrete, váter CONFRÓNTESE urinario6 Conxunto de criados que traballan nunha casa. O servizo está de vacacións. SINÓNIMO servidume7 Paso de pé ou de carro polo que se accede a unha leira. O prado ten o servizo pola cima.8 Deporte Saque, en deportes como o tenis, voleibol etc. Errou o servizo.9 Celebración litúrxica. O servizo relixioso tivo lugar na catedral. FRASES E EXPRESIÓNS CON servizo Dar servizo 1 Axudar a alguén nun traballo que está realizando. El sulfataba e nós dabámoslle servizo tirando auga do pozo e preparando o sulfato. 2 Ser de utilidade ou ter unha función. A fábrica de xeo dá servizo aos barcos que atracan no peirao. En servizo En disposición de ser utilizado. Puxeron en servizo unha nova liña de autobuses. Folla de servizos VÉXASE folla Fóra de servizo Que non está en disposición de ser utilizado, fóra de uso. A central telefónica encóntrase fóra de servizo neste momento. Servizo a domicilio Servizo que prestan os vendedores levando a mercancía á casa do comprador. Nese supermercado teñen servizo a domicilio. Servizo de mantemento Servizo que se encarga de conservar en boas condicións, e de reparar se é necesario, as instalacións dun edificio grande, fábrica etc., ou motores e máquinas. Traballa no servizo de mantemento do hospital. Servizo de mensaxes curtas Sistema que permite enviar e recibir mensaxes de texto para e desde teléfonos móbiles. A súa sigla é SMS. Utilizou o servizo de mensaxes curtas para avisar de que chegaba tarde. Servizo militar Tempo que un mozo considerado apto estaba obrigado a pasar no exército baixo mando militar. Fixo o servizo militar en Ferrol. Servizo público Servizo que presta a Administración ou está regulado por ela. Servizo público de transportes. Servizos mínimos Servizos que se manteñen en caso de folga. Os sindicatos garantiron o funcionamento dos servizos mínimos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí