sistema
Audio 1
Audio 2

sistema substantivo masculino1 Teoría xeral en que se agrupa unha serie de principios e ideas que pretenden explicar unha materia determinada e as leis por que se rexe. O sistema filosófico de Platón.2 Conxunto organizado de elementos que forman un todo ou que teñen a mesma función. Os sinais de circulación constitúen un sistema de signos. O sistema nervioso. Un sistema de poleas.3 Conxunto de procedementos combinados, destinados a un fin común. Un moderno sistema de defensa. SINÓNIMO método4 Maneira propia de realizar algo. Cada un ten o seu sistema de traballo. SINÓNIMOS fórmula, método CONFRÓNTESE medio5 Matemáticas Conxunto estruturado en que os seus elementos están rexidos por determinadas leis. Sistema binario. Sistema de ecuacións. FRASES E EXPRESIÓNS CON sistema Por sistema Dunha maneira constante e metódica. Oponse por sistema a calquera cambio. SINÓNIMO sistematicamente Sistema cúbico Sistema cristalino que se caracteriza pola existencia de tres eixes de igual lonxitude e perpendiculares entre si. A ferrita cristaliza no sistema cúbico. Sistema decimal Sistema de numeración ou de pesos e medidas que se basean na agrupación ou fracción das súas unidades por decenas. Quilogramo, litro e quilómetro son medidas do sistema decimal. Sistema experto Informática Aplicación de intelixencia artificial que emula o razoamento e a toma de decisións dun experto humano na solución dun problema. Os sistemas expertos pódense considerar un subconxunto dentro da intelixencia artificial. Sistema internacional de unidades Sistema de medidas adoptado internacionalmente, que ten como unidades fundamentais o metro, quilogramo, segundo, ampere, kelvin, candela e mol. OBSERVACIÓNS: A súa sigla é SI O pascal é a unidade de presión atmosférica no sistema internacional de unidades. Sistema métrico decimal Sistema de medidas que ten como unidade o metro e que usa múltiplos e submúltiplos decimais. Estuda as unidades que pertencen ao sistema métrico decimal. Sistema nervioso ortosimpático Anatomía Sistema nervioso simpático. A acción do sistema nervioso ortosimpático é antagónica á do sistema nervioso parasimpático. Sistema nervioso parasimpático Anatomía Parte do sistema nervioso vexetativo que regula a actividade automática dos aparellos dixestivo e circulatorio. O sistema nervioso parasimpático produce a desaceleración do ritmo cardíaco. Sistema nervioso simpático Anatomía Sistema que está formado por un conxunto de nervios que se estenden a ambos os lados da columna vertebral e regula o funcionamento das vísceras. O sistema nervioso simpático ten unha relación íntima coas secrecións e cos movementos vasculares. SINÓNIMO sistema nervioso ortosimpático Sistema operativo Informática Programa ou conxunto de programas que dirixen as operacións do ordenador e xestionan o funcionamento das aplicacións instaladas. Temos que instalarlle un novo sistema operativo no ordenador. Sistema solar Astronomía Complexo formado polo Sol e polos planetas, satélites, cometas e meteoros que xiran arredor del. A Terra é un dos planetas do sistema solar.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!