sobre
Audio 1

sobre2 substantivo masculino1 Especie de bolsa plana de papel que se utiliza para envíos postais, gardar documentos etc. Mete cada carta nun sobre. Cómpre mercar sobres e selos.2 Especie de bolsa de papel ou plástico que contén unha materia en po. Toma tres sobres de vitamina C ao día.

sobre
Audio 1

sobre1 Para todas as acepcións SINÓNIMO sobre de, Forma menos recomendable: sobor preposición1 Indica que algo está pousado en, en contacto físico. Deixei as chaves sobre a mesa. SINÓNIMOS derriba de, encima de, encol de, riba de ANTÓNIMO debaixo de2 Nun nivel máis elevado, sen estar pousado. O miñato voaba sobre a fraga.3 Acerca de. Asistiu a unha conferencia sobre as correntes mariñas.4 Indica unha localización temporal imprecisa ou unha valoración aproximada de calquera outra magnitude. Chegou sobre as seis. SINÓNIMO contra2 Ten sobre quince anos. Trae sobre un cento de repolos. SINÓNIMO arredor de5 Indica que un movemento se realiza arredor dun punto ou dun eixe. A roda xira sobre o seu eixe. FRASES E EXPRESIÓNS CON sobre Sobre de locución preposicionalSobre1 Mantivo o seu dominio sobre de todos. Escribiu sobre de todas as ramas do saber.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!