sombra
Audio 1

sombra substantivo feminino1 Zona máis escura que se forma cando un corpo opaco impide o paso da luz, en especial a do Sol. Aí dáche a sombra. ANTÓNIMO sol1 Está descansando baixo a sombra dun carballo. As sombras das árbores alónganse coa caída da tarde.2 Falta de luz, en especial da do Sol. As sombras da noite. CONFRÓNTESE tebra3 Zona menos clara, ou escura de todo, nunha superficie. Con algunhas sombras, deulle máis profundidade ao debuxo.4 Forma pouco precisa de algo, do que só se perciben os contornos. Viu unhas sombras e asustouse. FRASES E EXPRESIÓNS CON sombra Á sombra Onde hai sombra. Cantos graos hai á sombra? A ver se podes aparcar á sombra. Á sombra de 1 Protexido do sol por. Poñerse á sombra dunha árbore, dun parasol. 2 Baixo a protección de. Viviu sempre á sombra da irmá. Facer sombra (a alguén) Eclipsalo, escurecelo. Non lle faltaban méritos, pero os compañeiros facíanlle sombra. Sombra de ollos Produto cosmético empregado para darlles cor ás pálpebras. Levaba unha sombra de ollos azul. Sombras chinesas Proxección de siluetas sobre unha superficie que se crean colocando as mans ou outro obxecto diante dunha luz. Aprendeu a facer figuras moi complexas coas sombras chinesas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!