sono
Audio 1

sono substantivo masculino1 Estado do que dorme, caracterizado por unha situación de repouso, polo adormecemento dos sentidos e mais a diminución relativa das funcións orgánicas. O sono é o mellor calmante.2 Necesidade de durmir. Onte deiteime tarde e hoxe teño sono. FRASES E EXPRESIÓNS CON sono Botar un sono Durmir un anaco. Despois de xantar gústalle botar un sono. Conciliar o sono Comezar a durmir. Cústalle conciliar o sono. SINÓNIMOS prender no sono, prender o sono Descabezar un sono Quedar durmido pouco tempo, sen se deitar na cama. Mentres agardaba por vós aínda descabecei un sono no sofá. SINÓNIMO escabezar un sono Durmir a sono solto Durmir sen preocupacións. Que ben descansa un cando dorme a sono solto! Escabezar un sono Descabezar un sono. Aínda che dá tempo a escabezar un sono ata a hora de marchar. Prender no sono Conciliar o sono. Ás dúas da mañá aínda non prendera no sono. Prender o sono Conciliar o sono. Estaba preocupado e tardei en prender o sono. Sono lixeiro Sono pouco profundo. Espertou decontado, que ten o sono lixeiro. Sono pesado Sono intenso, do que custa espertar. Chamámolo pola ventá, pero ten o sono pesado e non oíu. SINÓNIMO sono profundo Sono profundo Sono pesado. Tiña que marchar cedo, pero co sono tan profundo que ten non espertou a tempo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí