sorte
Audio 1

sorte substantivo feminino1 Poder ou forza imaxinaria á que se lle atribúe a distribución da felicidade ou da desgraza e a capacidade de establecer ou de modificar o curso das cousas. OBSERVACIÓNS: Se non vai acompañado de adxectivos boa, mala ou semellantes, ten carácter positivo Acompáñao a sorte en todas as súas accións. Cun pouco de sorte habemos de chegar a tempo. Que sorte! SINÓNIMOS boaventura, fortuna Hai que confiar na sorte. A sorte quixo que foramos dar a unha illa. Non puido fuxir á súa sorte. SINÓNIMOS destino, fado2 Especie, clase. Nestas fértiles veigas cultívanse toda sorte de hortalizas.3 Parcela de terreo comunal que corresponde, por sorteo, a cada veciño. OBSERVACIÓNS: Emprégase sobre todo en plural Cada ano as sortes da beira do lago vólvense sortear. substantivo feminino plural4 Os doce primeiros días do mes de xaneiro, que predín o tempo que vai facer nos doce meses do ano. Eu non creo o conto ese das sortes do ano. FRASES E EXPRESIÓNS CON sorte De sorte que locución conxuntiva De maneira que, de forma que. Organizaron as quendas de sorte que haxa sempre dúas persoas no control.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!