sucio, sucia
Audio 1
Audio 2

sucio (feminino: sucia) adxectivo1 Que ten manchas, po etc. Unha rúa, unha cidade sucia. SINÓNIMOS lixoso, luxado2 ANTÓNIMO limpo Traxe sucio. SINÓNIMOS cocho1, manchado, merdeiro, merdento, porco ANTÓNIMO limpo Chegou coa cara sucia de andar comendo nas amoras. SINÓNIMOS fazado, manchado, mouro, zafado ANTÓNIMO limpo2 Que non se limpa e que non limpa o seu hábitat, ou que ensucia máis do normal e necesario. Son moi sucios, deixáronme a casa que parecía unha corte. SINÓNIMOS cocho1, marrán, merdeiro, merdento, porcallán, porcalleiro, porco ANTÓNIMOS aseado, limpo3 [Ocupación, oficio] que fai que se ensucie moito a persoa que o practica ou o local onde se practica. Para oficio sucio o de ferreiro. SINÓNIMOS cocho1, porco ANTÓNIMO limpo4 Que ten incorporada algunha substancia estraña. Auga sucia. SINÓNIMO porco ANTÓNIMO limpo5 Que orixinou contaminación daniña, especialmente radioactiva. Enerxías sucias. ANTÓNIMO limpo6 [Son] con alteracións de volume, ton etc. Non sei a que se debería o son sucio da banda sonora. ANTÓNIMO limpo7 figurado Que carece de nobreza, que non segue as regras e usa malas artes. Xogo sucio. CONFRÓNTESE tramposo8 figurado Que fere o pudor ou a honestidade. Da súa boca non saían máis ca xuramentos e palabras sucias. SINÓNIMO porco9 figurado Que non é legal. Hai tempo que se dedica a negocios sucios. SINÓNIMO delituoso10 [Cor] que carece de brillo e viveza, por ter mestura doutra. Un branco sucio.11 Que se mancha con facilidade. As cores escuras nos coches son moi sucias. adverbio12 Con sucidade, de forma sucia. Debérano expulsar por xogar sucio. ANTÓNIMOS limpamente, limpo FRASES E EXPRESIÓNS CON sucio En sucio [Escrito] sen pulir, aínda sen o aspecto ou redacción definitiva. Cando me leu a redacción aínda a tiña en sucio. Traballo sucio 1 Aquel que ensucia máis, require máis esforzo, é máis molesto ou perigoso etc. Sempre me deixan a min o traballo sucio. 2 figurado Acto delituoso do mundo do crime, especialmente o exercido con violencia contra as persoas. O traballo sucio encárganllelo a profesionais.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí