táboa
Audio 1

táboa substantivo feminino1 Peza de madeira plana e pouco grosa, polo xeral de forma rectangular e máis longa ca larga. Mercou unhas táboas para facer unha mesa. Ten unha táboa na cociña para picar a carne.2 por extensión Peza plana e pouco grosa de certos materiais ríxidos. Unha táboa de mármore, de bronce. CONFRÓNTESE lámina, placa, prancha3 Cadro de números ordenados conforme a un método para facilitar a obtención duns determinados valores. Táboa de multiplicar. Táboa de pesos e medidas. Táboa de cálculos.4 Relación ordenada e sistemática de determinadas materias, que permite consultalas ou localizalas rapidamente. Táboa de prezos. SINÓNIMO lista Táboa de materias dun libro. SINÓNIMO índice, CONFRÓNTESE catálogo, rol15 Deporte Prancha alongada de material flotante sobre a que se practican deportes acuáticos e de neve. En canto ten un minuto libre colle a súa táboa de windsurf e marcha para o mar.6 Fonte de alimentos da mesma clase. Pediron unha táboa de queixos.7 Pintura que se fai sobre unha madeira plana. No museo do mosteiro, puidemos ver algunha táboa. substantivo feminino plural8 Situación no xogo do xadrez ou das damas na que ningún dos xogadores pode ganar a partida. A partida de xadrez quedou en táboas.9 Escenario dun teatro. Os actores estiveron sobre as táboas dúas horas. FRASES E EXPRESIÓNS CON táboa Facer táboa rasa (de algo) Non tomalo en consideración, proceder coma se non existise. Fixo táboa rasa de importantes ofertas de traballo. Táboa de salvación Último ou único recurso que queda para superar unha situación difícil. A súa táboa de salvación foi aceptalo como socio. Táboa periódica Química Cadro onde aparecen representados e clasificados por columnas e filas os elementos químicos, naturais e artificiais, por medio dun símbolo e seguindo unha escala crecente dos seus números atómicos. Na táboa periódica podes consultar o número atómico. Táboas da Lei Relixión Pedras en que está escrito o decálogo que Deus entregou a Moisés no monte Sinaí. As Táboas da Lei gardábanse na Arca da Alianza.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!