técnico, técnica
Audio 1
Audio 2
Audio 3

técnico (feminino: técnica) adxectivo1 Que pertence ao dominio particular especializado dunha determinada actividade ou área de coñecemento. Emprega un vocabulario técnico que só os especialistas poden comprender.2 Relativo ou pertencente á técnica. A obra está parada por problemas técnicos. CONFRÓNTESE tecnolóxico3 Que ten un gran dominio da técnica. Un xogador moi técnico. substantivo4 Persoa especializada nunha determinada actividade, particularmente cando esta é de carácter práctico e se basea na aplicación de coñecementos científicos teóricos. Un técnico en electrónica. Non son un técnico na materia. CONFRÓNTESE especialista, perito Hoxe presentarase o novo técnico do equipo. SINÓNIMOS adestrador, preparador substantivo feminino5 Conxunto de procesos relacionados coa aplicación dos coñecementos científicos para a obtención de resultados prácticos. Poñer a ciencia ao servizo da técnica.6 Conxunto dos procedementos empregados na produción de calquera obra, para obter determinados resultados. Unha nova técnica para operacións cirúrxicas. Toca o piano bastante ben, pero ten que mellorar a súa técnica.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!