tambor
Audio 1

tambor substantivo masculino1 Instrumento músico de percusión, formado por unha caixa cilíndrica cos fondos forrados cunha pel moi tensa sobre a que se bate con baquetas ou coas mans. Unha banda de cornetas e tambores. Anda todo o día a tocar no tambor. SINÓNIMO caixa2 Peza do revólver en forma de cilindro, onde se aloxan as balas, que xira tras cada disparo deixando un novo proxectil en posición para ser disparado. Baleirou o tambor do revólver no peito do shériff.3 Especie de caixa de madeira de forma cilíndrica ou cadrada que cobre as pedras do muíño para evitar que a fariña foule. Hai muíños que non teñen tambor.4 Mecánica Peza cilíndrica fixada pola parte interior da roda, onde encaixa o extremo do eixe e onde apertan as zapatas do freo. Freos de tambor.5 Peza cilíndrica ou cónica, fixa ou xiratoria, que varía de tamaño e de función segundo o mecanismo ou o aparello mecánico do que forme parte. O tambor dunha lavadora. Un tambor para asar castañas. O tambor do cabrestante.6 Recipiente cilíndrico que se utiliza como envase. Mercou dous tambores de deterxente para a lavadora.7 Armazón de madeira onde se fixan lenzos para pintar ou teas para bordar. Estaba aprendendo a bordar con tambor. SINÓNIMO bastidor8 Arquitectura Corpo do capitel corintio adornado con follas de acanto. O tambor é característico da orde corintia.9 Arquitectura Muro que cerra un espazo circular, con ventás ou sen elas, sobre o cal se levanta unha cúpula. Un famoso pintor deulle cores ao tambor da basílica.10 AnatomíaTímpano O especialista diagnosticoulle unha perforación do tambor. substantivo11 Persoa que toca o tambor. O grupo estaba formado por tres gaiteiras, un tambor e un bombo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!