tarde
Audio 1

tarde adverbio1 Despois do momento habitual, axustado ou preciso. Hoxe levanteime algo tarde. SINÓNIMO tardeiro Sempre chega tarde ás reunións. Agora xa é tarde para arrepentirse. ANTÓNIMOS cedo, pronto Chegas cinco minutos tarde.2 A unha hora avanzada da noite. Chegou moi tarde, preto do día. ANTÓNIMO cedo substantivo feminino3 Espazo de tempo que vai desde o mediodía ata que se fai noite. Estivo toda a tarde na praia. CONFRÓNTESE serán, tardiña FRASES E EXPRESIÓNS CON tarde Á tarde locución adverbial Durante ese período de tempo. Á tarde imos á piscina. Boa tarde Saúdo que se emprega durante a tarde. Espero que teñades boa tarde. SINÓNIMO boas tardes Boas tardes Boa tarde. Cando entrou dixo ‘boas tardes’. De tarde locución adxectiva 1 [Froito] que madura máis tarde do habitual. As mazás de tarde gárdanse todo o inverno. SINÓNIMOS serodio, tardego, tardío, ANTÓNIMOS de cedo, temperán, temporán 2 [Planta] que dá froito tarde. Despois de que se acaban os grelos, sementa os nabos de tarde. SINÓNIMOS serodio, tardego, tardío, ANTÓNIMOS de cedo, temperán, temporán Facerse(lle) tarde (al alguén) VÉXASE facer Luceiro da tarde VÉXASE luceiro (Máis) tarde ou (máis) cedo Expresa que algo ha de ocorrer, a pesar de todo e aínda que non se saiba exactamente cando, antes ou despois. Tarde ou cedo vas acabar comprando un coche. Pola tarde locución adverbial Á tarde. Heite volver chamar pola tarde. Tarde piaches VÉXASE piar1

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!