tea
Audio 1

tea1 substantivo feminino1 Tecido feito cos fíos do liño, algodón, la etc. Tecer a tea.2 Porción dese tecido. Comprou unha tea para facer unha saia.3 Rede de fíos que forman as arañas cunha substancia que segregan. A mosca quedou presa na tea. SINÓNIMOS arañeira, tea de araña4 Tecido preparado para pintar sobre el. O pintor aínda non comezara a obra, tiña a tea en branco. SINÓNIMO lenzo5 O cadro xa pintado. Saíu á poxa unha tea de Picasso. SINÓNIMO lenzo6 Capa fina de calquera substancia que recobre determinados órganos ou froitos. Entre a casca e a clara do ovo hai unha tea moi fina chamada teaza. CONFRÓNTESE película Os pulmóns están envoltos nunha tea. SINÓNIMO membrana7 Película que se forma sobre a superficie dun líquido. O leite fervido cando empeza a arrefriar bota unha tea por riba. FRASES E EXPRESIÓNS CON tea Tea asfáltica Material recuberto de asfalto que se emprega como impermeabilizante. A tea asfáltica adoita empregarse para impermeabilizar os tellados dos edificios. Tea de araña Tea (acepción 3). O faiado estaba cheo de teas de araña.

tea
Audio 1

tea2 substantivo feminino Pau con lume que se utilizaba para alumar. As teas impregnábanse en resina para que ardesen mellor.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!