tender
Conxugar
Audio 1

tender /verbos/tender.html verbo transitivo1 Estirar ou ciscar [unha cousa] de xeito que abrangue máis espazo. Segou e tendeu a herba ao sol. SINÓNIMOS espallar, esparexer, estender Tende a masa antes de metela no forno. Tenden o xeito para pescar a sardiña. SINÓNIMO estender2 Colgar dun cordel [roupa mollada] ou colocala horizontalmente no chan para que seque. Tender a roupa ao clareo na herba. Non tendas a roupa fóra, que vai chover.3 Colocar horizontalmente [unha persoa ou animal] sobre unha superficie. Tendérona na cama e intentaron reanimala.4 Preparar [unha trampa ou algo semellante]. Tendéronlle unha trampa ao xabaril e caeu nela. verbo intransitivo5(tender a) [Alguén, algo] amosar unha tendencia, disposición ou inclinación a moverse ou evolucionar nunha determinada dirección ou maneira. A situación tende a empeorar. Un home que tende a deprimirse moi facilmente. CONFRÓNTESE tirar6 Matemáticas(tender a) [Variable, función] aproximarse a un valor determinado sen chegar nunca a alcanzalo. Unha cantidade que tende a cero.7(tender a) [Persoa, cousa] ter unha característica ou calidade pouco definida. Esa saia tende a marrón. SINÓNIMO tirar verbo pronominal8 [Persoa, animal] colocarse horizontalmente sobre unha superficie. O gato tendeuse na solaina á raioliña. Tendeuse na cama e quedou durmida. CONFRÓNTESE deitarse, tombarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!