termo
Audio 1

termo1 substantivo masculino Recipiente en forma de botella, con paredes illantes e peche hermético, que permite manter durante algunhas horas a temperatura do líquido que contén. Levaba o café no termo para a oficina.

termo
Audio 1

termo2 Para todas as acepcións Forma menos recomendable: término substantivo masculino1 Momento en que termina algo. O traballo está chegando ao seu termo. SINÓNIMO conclusión Ao termo do curso haberá exames. SINÓNIMOS fin, final, remate ANTÓNIMOS comezo, empezo1, encomezo, inicio, principio2 Espazo de tempo que se concede para a realización dunha cousa. Témolo que facer no termo dun mes. SINÓNIMO prazo3 Límite ou fronteira. O sistema montañoso marcaba o termo entre os dous países.4 Territorio que está baixo unha xurisdición, especialmente a dun concello. Termo municipal. CONFRÓNTESE partido25 Unidade do léxico. Termo patrimonial. Termo abstracto. CONFRÓNTESE palabra, vocábulo6 Palabra pertencente ao vocabulario especializado dunha arte, ciencia etc. Un termo de lingüística. Termos científicos.7 Filosofía Cada un dos elementos que forman unha proposición ou un siloxismo. As proposicións están formadas por dous termos.8 Matemáticas Cada un dos elementos dunha expresión matemática, entre os que hai relación. Os termos dunha fracción.9 Lugar que ocupa unha cousa nunha enumeración. OBSERVACIÓNS: Utilízase precedido de primeiro, segundo etc. Trataremos este asunto en primeiro termo.10 Cada un dos planos nos que se considera dividido un cadro, unha escena etc. con respecto á percepción visual do espectador. O actor principal situábase no primeiro termo da escena. substantivo masculino plural11 Palabras ou condicións nas que algo se establece. Os termos do contrato satisfixeron as dúas partes.12 Palabras con que se expresa algo ou maneira como se expresa. Dixo o que tiña que dicir en termos benévolos. Formulou a cuestión en termos moi claros. FRASES E EXPRESIÓNS CON termo Termo medio 1 Cantidade que resulta de sumar un certo número de cantidades e dividir a suma polo número destas. Non lles resultou difícil aprender a calcular o termo medio. SINÓNIMO medio 2 Situación equilibrada entre dúas posicións extremas. Os protagonistas da película eran bos ou malos, non había termo medio.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!