testa
Audio 1
Audio 2

testa substantivo feminino1 Parte superior da cara, entre as cellas e a zona do cabelo, que vai dunha tempa á outra. Levou un golpe na testa ao caer ao chan. SINÓNIMO fronte2 familiar Cabeza das persoas. Seica non andas ben da testa! SINÓNIMOS cacha1, cachamúa, cacho1, cachola, caco2, calamoucha, chola1, coca2, crisma, croca3 Linde dunha propiedade. Ían mirar se daban coas testas da touza. CONFRÓNTESE derrega, derrego, estrema, estremeiro, límite, lindeiro, marcaxe4 Parte anterior de calquera cousa que teña reverso. Sentouse á raiola, alí na testa da casa. SINÓNIMO fronte5 Parte dianteira dunha formación de xente. Os líderes sindicais ían na testa da manifestación. SINÓNIMO cabeza

testo, testa
Audio 1
Audio 2
Audio 3

testo2 (feminino: testa) adxectivo1 Que posúe certa calidade, valor, capacidade etc. que o fai bo ou mellor ca outra cousa. Este ano tivemos un viño testo e vendémolo moi ben.2 Que está constituído por elementos numerosos e moi xuntos entre si. A néboa era tan testa que tivemos que parar o coche. SINÓNIMOS denso, espeso, mesto CONFRÓNTESE compacto3 [Substancia líquida] que ten abundantes compoñentes sólidos. Gústalle o caldo testo. SINÓNIMOS espeso, mesto

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí