tocar
Conxugar
Audio 1

tocar /verbos/tocar.html verbo transitivo1 Poñerse ou entrar en contacto físico con [algo ou alguén]. Non toques a ola que queima. Non lle toques o pelo. Converte en ouro todo o que toca coa vara máxica. Tamén absoluto Non toques aí.2 Estar a carón de e en contacto con [algo]. A miña leira non está tocando a túa, pero queda preto. Dúas paralelas nunca se tocan. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido das preposicións en e con A casa toca, parede con parede, co edificio da estación. CONFRÓNTESE lindar, testar23 Facer soar [un instrumento musical]. Toca a guitarra e mais a frauta. SINÓNIMOS tanguer, tanxer Tamén absoluto Que ben toca!4 Facer soar [un timbre, campá etc.]. Foi tocar as campás. SINÓNIMOS tanguer, tanxer Toquei o timbre pero ninguén abriu a porta.5 Executar [unha peza musical] mediante un ou varios instrumentos. A orquestra tocou un valse. SINÓNIMO interpretar6 figurado Tratar de maneira superficial [un tema, asunto], ou afondar só nun aspecto. Na conferencia non tocou ese aspecto do problema. CONFRÓNTESE aludir, mencionar, referirse7 figurado Estar moi próximo a [algo]. Fixo un traballo tan bo que case toca a perfección. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición en Xa vai vello, debe andar tocando nos setenta anos. SINÓNIMOS lindar, raiar28 Facer escala unha nave en [un porto]. Ese transatlántico toca periodicamente o porto de Vigo. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición en Durante o cruceiro o barco tocou en cinco portos.9 figurado, familiar Ter relación de parentesco con [alguén]. Eu aínda toco a súa familia, meu pai era primo de seu avó. OBSERVACIÓNS: Emprégase tamén seguido da preposición en Non teño trato con el, pero aínda toca algo na miña familia.10 coloquial Facer a [alguén] unha oferta de carácter económico ou profesional, para ver como responde. Un club estranxeiro tocou o mellor xogador do equipo. verbo intransitivo11 [Campá, timbre etc.] producir un son. O espertador tocou ás oito da mañá. SINÓNIMO soar1 A campá tocou ás doce.12 [Instrumento musical] emitir o seu son. Este piano non toca ben.13 [Algo] corresponder a alguén en sorte. Tocoulle o primeiro premio da lotaría.14 [Aquilo que se reparte] corresponder a alguén. Sempre che van tocar a ti os peores traballos. Toca a dous pasteis por persoa.15 [Algo] afectar outra cousa ou outra persoa. Este problema a ti non che toca. Preocúpase por todo o que toca á súa reputación. SINÓNIMOS atanguer, atinxir16 figurado [Algo] corresponder a alguén. É ao presidente a quen lle toca convocar a reunión. FRASES E EXPRESIÓNS CON tocar Tocar a choca VÉXASE choca1 Tocar a defunto Emitir as campás o son que anuncia que alguén morreu. Oímos tocar a defunto, pero non sabiamos por quen. SINÓNIMOS tocar a finado, tocar a morto, tocar a releixo Tocar a finado Tocar a defunto. Parece que as campás tocan a finado. Tocar a morto Tocar a defunto. Toca a morto, escoita a ver se é home ou muller. Tocar a releixo Tocar a defunto. Era o encargado de tocar a releixo cada vez que había defunto. Tocar os dentes VÉXASE dente

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!