toldar
Conxugar
Audio 1

toldar /verbos/toldar.html Para todas as acepcións SINÓNIMO atoldar(se) verbo transitivo1 Facer perder a claridade ou transparencia natural de [algo]. A enxurrada da tormenta toldou a auga do regato. SINÓNIMOS alodar, avolver, turbar ANTÓNIMOS desenturbar, desturbar O vapor de auga toldou os cristais. SINÓNIMOS abafar, apanar, atrapazar, embazar, empanar2 ANTÓNIMOS desabafar, desembazar Os produtos que verteron ao río toldaron a auga.2 Impedir a visión de [algo]. A brétema toldaba o horizonte.3 Facer que [os ollos] deixen de ter unha visión clara. As bágoas toldábanlle os ollos.4 Tornar escuro [o ceo, o día]. Aquela fumareda toldou o ceo. SINÓNIMO turbar Os nubeiros da tronada toldaron o ceo. SINÓNIMOS anubrar, nubrar, turbar5 figurado Tornar menos brillante. Foi unha circunstancia que toldou o seu historial. SINÓNIMO deslustrar6 Alterar a orde, a tranquilidade etc., de [algo ou alguén]. Negros pensamentos toldaron a súa mente. SINÓNIMOS perturbar, turbar7 figurado Tornar [algo] difícil ou máis difícil. O abuso de adxectivación toldou a lectura do artigo. SINÓNIMOS complicar, dificultar, embarullar, embrollar, empecer, entorpecer ANTÓNIMO facilitar verbo pronominal8 [Algo] perder a transparencia natural. Se se lle tolda a auga, pesca ás cegas. SINÓNIMOS alodarse, avolverse, turbarse Ao cociñar tóldanse os cristais das ventás. SINÓNIMOS abafarse, apanarse, atrapazarse, embazarse, empanarse29 Deixar de ter a visión clara. Os ollos toldáronselle un intre.10 [Ceo, día] tornarse escuro. O ceo toldouse a media tarde. SINÓNIMOS anubrarse, cubrirse, nubrarse, turbarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!