tomar
Conxugar
Audio 1

tomar /verbos/tomar.html verbo transitivo1 Coller coa man [unha cousa]. Toma estas mazás e cómeas. Tómao, é para ti.2 Pasar a ter, a experimentar etc. [a cousa que se expresa]. Tomar o sol. Tomar un baño. Tomar o poder.3 Empezar a ter [un sentimento] cara a alguén ou algo. Tomar medo. Non tomes pena por iso. Tomarlle cariño a alguén. SINÓNIMO coller CONFRÓNTESE cobrar4 Adoptar [unha disposición, determinación etc.]. Tomar unha decisión.5 Comer ou beber [algo]. Vou tomar o almorzo. Toman café.6 Calcular [unha magnitude] para coñecela. Tomar a medida dun vestido. Tomarlle a temperatura a un enfermo.7 Recibir, interpretar ou considerar [alguén ou algo] de determinada maneira. Como tomou o que lle dixeches? Tomar unha cousa por outra.8 Adquirir [un compromiso] mediante algún tipo de contrato ou acordo. Tomouna por esposa. Tomou unha criada por horas.9 Reproducir por escrito [o que alguén di]. Tomar notas na conferencia. CONFRÓNTESE coller10 Apoderarse de [unha praza en posición inimiga]. Tomaron o castelo polas armas. SINÓNIMO conquistar11 Facer uso de [un medio de transporte para viaxar]. Ao chegar aló temos que tomar outro tren. SINÓNIMO coller12 Sacar [auga, electricidade etc.] dunha condución principal para outra secundaria. Toman a auga dun regato a dous quilómetros.13 Encamiñarse por [unha determinada dirección]. Tomar un atallo. SINÓNIMOS coller, pillar14 Facer [unha fotografía]. Tomou unha fotografía desde o aire. FRASES E EXPRESIÓNS CON tomar Toma e daca Expresión que indica intercambio entre dúas partes. O partido foi un continuo toma e daca entre os dous equipos. Tomar (a alguén) por Crer que unha persoa é outra ou doutra maneira que se expresa. Tomeino por seu irmán. Tomar a ben Parecer ben. Pensamos que se ía enfadar, pero tomou a ben o que lle dixemos. Tomar a mal Parecer mal. Chamoulle a atención e tomouno a mal. Tomar a mañá VÉXASE mañá Tomar a palabra VÉXASE palabra Tomar a peito (algo) VÉXASE peito Tomar partido VÉXASE partido2 Tomarse a voz VÉXASE voz Tomar terra VÉXASE terra

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí