topar
Conxugar
Audio 1

topar /verbos/topar.html verbo transitivo1 Ver, descubrir [unha persoa ou cousa que se buscaba ou non]. Busqueino pero non o topei. SINÓNIMOS achar, atopar, encontrar Topou as chaves do coche no garaxe. SINÓNIMOS achar, atopar, encontrar ANTÓNIMO perder2 Chegar a ter, poder dispoñer de [algo]. Topou o reloxo que andaba buscando. SINÓNIMOS achar, atopar, encontrar3 Ver [algo ou alguén] despois de certo tempo da maneira que se expresa. Topei os rapaces moi cambiados, xa son homes. SINÓNIMOS atopar, encontrar4 Considerar que [algo ou alguén] está da maneira que se expresa. Non o topo moi ben, debe andar mal de saúde. SINÓNIMOS atopar, encontrar5 Tocar lixeiramente [algo ou alguén]. Quíxome dar unha labazada pero apenas me topou. verbo intransitivo6(topar con) [Alguén] ver de pronto, sen esperalo. Topei con el xunta a cabina. SINÓNIMOS afociñar, atopar, bater, tropezar7(topar con) [Alguén, algo] ter un encontro ou choque violento. Da forza que lle deu foi topar co muro. Topou con outro coche que estaba aparcado. SINÓNIMOS bater, chocar2 verbo pronominal8(topar con) Ver de pronto algo ou a alguén, sen esperalo. Topouse coa avoa pola rúa. SINÓNIMOS afociñar, atoparse, bater, encontrarse9 [Dúas ou máis persoas] xuntarse nun lugar. Topámonos á noite na miña casa. SINÓNIMOS atoparse, encontrarse, verse10 [Alguén] estar de certa maneira ou en certo lugar. Nestes momentos tópase en París. SINÓNIMOS acharse, atoparse, encontrarse

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!.

Cubre a enquisa aquí