traballar
Conxugar
Audio 1

traballar /verbos/traballar.html verbo intransitivo1 [Alguén, algo] realizar unha actividade que require máis ou menos esforzo co fin de producir algo ou de conseguir un resultado determinado. Traballou moito toda a súa vida. Se traballases máis habías de apañar mellores froitos. SINÓNIMO choiar Parece que non lle traballa a mente.2 Estar empregado nunha empresa ou institución. Traballa nunha fábrica de conservas.3(traballar como ou de) Exercer unha actividade profesional. Traballa de cociñeira nun restaurante.4 [Mecanismo] realizar a súa actividade. O aspirador non traballa, hai que levalo a amañar. SINÓNIMO funcionar CONFRÓNTESE andar5 [Persoa, empresa] manter relacións comerciais con. Nós non traballamos con esa empresa.6(traballar como ou de) [Persoa] desempeñar un papel nun espectáculo. Nesta obra de teatro traballa de pallaso. SINÓNIMO facer verbo transitivo7 Cultivar [a terra] para que produza froito. Hoxe en día ninguén quere traballar a terra. CONFRÓNTESE labrar8 Dar forma a [unha materia, substancia]. Para facer as orellas hai que traballar moito a masa. Traballar o ferro.9 Dedicarse ao comercio ou manufactura de [un artigo]. Pediu un produto que non traballan nesta tenda.10 Desenvolver [un músculo ou parte do corpo] ao facer exercicio físico. Con este exercicio traballas os glúteos.11 Esforzarse moito en [unha obra ou parte dela] para perfeccionala. As novas xeracións poéticas galegas traballan máis a estrutura interna do poema ca a externa.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí