traballo
Audio 1

traballo substantivo masculino1 Actividade humana que se realiza para producir algo, para conseguir un resultado. Traballo manual. Traballo intelectual.2 Actividade profesional concreta que constitúe un medio de vida. O traballo de bombeiro é arriscado. SINÓNIMOS choio, oficio, profesión3 Cada unha das diferentes actividades en que se subdivide outra máis ampla. Labrar a terra coa legoña é un traballo pesado. SINÓNIMOS choio, labor CONFRÓNTESE angueira4 Exercicio remunerado desa actividade. Fai dous meses que non ten traballo. Está buscando traballo. SINÓNIMOS choio, emprego, ocupación5 por extensión Lugar onde se realiza tal actividade. Hoxe non veu ao traballo. SINÓNIMO choio6 Obra en que alguén traballa. Só lle falta pintar para rematar o traballo. SINÓNIMOS choio, labor7 Obra escrita que trata sobre unha determinada materia. Presentou un traballo que foi loado polo xurado.8 Obra terminada. Un traballo perfecto. CONFRÓNTESE labor Saíu ao mercado o seu último traballo.9 Acción de traballar un material. O traballo da madeira.10 Desgraza ou calamidade que alguén ten que sufrir. OBSERVACIÓNS: Úsase xeralmente en plural Que traballo terte que aguantar! Pasou moitos traballos.11 Física Magnitude que resulta de aplicar unha forza ao longo dun espazo. Unidade de traballo.12 Economía Esforzo humano que se aplica á produción de riqueza. A loita entre capital e traballo. FRASES E EXPRESIÓNS CON traballo Traballo a distancia Prestación da actividade laboral realizada de maneira preponderante no domicilio do traballador ou no lugar libremente elixido por este, de maneira alternativa ao seu desenvolvemento presencial no centro de traballo da empresa ou do empregador. Para considerar que existe traballo a distancia, non é obrigatorio que toda a xornada se realice fóra do centro de traballo. SINÓNIMO teletraballo Traballos forzados Condena que consiste na realización de traballos moi fatigosos. Durante a guerra os presos políticos foron condenados a traballos forzados.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!