traxe
Audio 1

traxe substantivo masculino1 Vestimenta exterior completa dunha persoa, en especial o conxunto formado por chaqueta, chaleco e pantalón, para o home e, para a muller, o vestido dunha soa peza ou de dúas. Leva un traxe de cores rechamantes.2 Conxunto de chaqueta, pantalón e ás veces chaleco, para o home, e de chaqueta e pantalón ou saia para a muller, que adoita realizarse coa mesma tea. Leva traxe e gravata. CONFRÓNTESE terno1 Pon o traxe con zapatos de tacón.3 Vestido feminino dunha soa peza. Mercou un traxe con volantes.4 Maneira de vestir propia das persoas dun certo país ou dunha época determinada. As cirolas son unha parte do traxe galego masculino. Na Grecia antiga o traxe era sinxelo. FRASES E EXPRESIÓNS CON traxe Traxe de augas Peza de roupa que se fai cun tecido impermeable e se usa para protexerse da auga. Os obreiros traballaban co traxe de augas posto. Traxe de baño Peza de roupa que se utiliza para bañarse. Mercou un traxe de baño de listas. Traxe de chaqueta Traxe feminino con chaqueta e saia. Ten que ir traballar con traxe de chaqueta. SINÓNIMO traxe xastre Traxe de etiqueta Traxe de gala masculino. Á recepción hai que levar traxe de etiqueta. Traxe de luces Traxe de seda, bordado de ouro ou prata, que levan os matadores de touros. O toureiro vestiu o traxe de luces. Traxe de noite Traxe de gala feminino. Leva un traxe de noite negro. Traxe (de) pantalón Conxunto feminino de chaqueta e pantalón. Mercou un traxe pantalón gris. Traxe xastre Traxe de chaqueta. Cun traxe xastre sempre vas ben vestida.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!