tripa
Audio 1

tripa substantivo feminino1 Parte do tubo dixestivo que se estende desde o estómago ata o ano. OBSERVACIÓNS: Para designar todo o conxunto utilízase en plural, ou ben en singular como colectivo Dor de tripa. Ruxir as tripas. SINÓNIMO intestino22 Rexión exterior do corpo que se corresponde con esta parte. Ten moita tripa. SINÓNIMOS bandullo, barriga, ventre3 Porción do intestino dun animal que se somete a diferentes procesos para empregalo como material ou comestible. As morcillas fanse coa tripa gorda do porco. As cordas dos instrumentos musicais poden facerse con tripa. substantivo feminino plural4 Vísceras dun animal, especialmente despois de ser extraídas. Mataron un carneiro e enterraron as tripas. Quitarlle as tripas ao peixe. CONFRÓNTESE ventre Desentretiñar as tripas.5 figurado Parte interior de certas cousas. O neno desfixo o boneco para verlle as tripas. FRASES E EXPRESIÓNS CON tripa Facer das tripas corazón Adoptar unha boa disposición de ánimo para enfrontarse a unha situación difícil. Tivo que facer das tripas corazón e axudar as persoas accidentadas. Tripa cabeira Parte final do intestino. Aproveitaron a tripa cabeira para preparar un embutido. SINÓNIMOS cagadeiro, cagueiro, tripa cagadeira, tripa cagueira Tripa cagadeira VÉXASE cagadeiro Tripa cagueira VÉXASE cagueiro Tripa delgada popular Intestino delgado. Empregamos a tripa delgada para facer os chourizos. SINÓNIMO tripa dos chourizos Tripa dos chourizos popular Intestino delgado. Non tiña zorza para acabar de encher a tripa dos chourizos. SINÓNIMO tripa delgada Tripa gorda popular Intestino groso. A tripa gorda do porco non a lavamos.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!