trompa
Audio 1

trompa substantivo feminino1 Instrumento de vento formado por un tubo metálico enroscado en espiral, que se vai facendo máis groso pouco a pouco ata rematar nunha forma parecida a un embude. Toca a trompa nunha orquestra.2 Zooloxía Parte prolongada, longa e flexible do nariz dalgúns animais mamíferos, que lles serve para coller cousas. O elefante leva a comida e a auga á boca coa trompa. SINÓNIMO probóscide3 figurado Nariz grande. Vaia trompa que ten!4 Zooloxía Órgano que teñen na boca certos insectos, que en repouso está envolto en espiral e que lles serve para chupar. As moscas teñen trompa. SINÓNIMO probóscide5 familiarBorracheira Chegou á casa cunha boa trompa. substantivo6 Persoa que toca ese instrumento. O trompa non asistiu ao ensaio. FRASES E EXPRESIÓNS CON trompa Trompa de caza Instrumento musical de vento feito co corno dun animal. A trompa de caza emite uns dezaseis sons harmónicos. Trompa de Eustaquio Anatomía Cada unha das dúas canles que comunican a farinxe co oído. A trompa de Eustaquio consta dunha parte ósea e outra cartilaxinosa. Trompa de Falopio Anatomía Nos mamíferos, cada un dos condutos que unen os ovarios co útero, polos que pasa o óvulo. O espermatozoide fecunda o óvulo nas trompas de Falopio. CONFRÓNTESE oviduto Trompa galega Instrumento musical de metal, consistente nunha lámina vibratoria (a palleta) fixada a un marco en forma de ferradura, que se coloca na boca do intérprete contra os dentes, de xeito que a palleta poida vibrar libremente, facendo a cavidade bucal de caixa de resonancia. Unha peza tradicional con harmónica e trompa galega. SINÓNIMO birimbaoVoz actualizada 2024-03-08 14:41:36 Engadiuse a locución 'trompa galega'

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!