uña
Audio 1

uña Para todas as acepcións SINÓNIMO unlla substantivo feminino1 Placa córnea na que remata o extremo dos dedos dos vertebrados terrestres e que, segundo os casos, serve como defensa, apoio etc. O gato utiliza as afiadas uñas para cazar. CONFRÓNTESE garra Os cabalos teñen unha uña en cada pata. CONFRÓNTESE casco Cortar, limar as uñas. Non comas as uñas.2 Pé de certos animais criados pola súa carne. O lacón cúrase con uña, o xamón non. SINÓNIMO pezuño3 Punta saínte na que rematan algunhas cousas e que pode recordar as uñas dos dedos. O risón ten catro uñas para poder cravalo na area. CONFRÓNTESE gancho4 Botánica Parte máis estreita, e xeralmente descolorida, na que rematan os pétalos dalgunhas flores. O pétalos do caravel teñen uñas. FRASES E EXPRESIÓNS CON uña Ser da uña longa Ser un ladrón. O empregado que colleu era da uña longa e marcháballe con cousas. Ser uña e carne [Dúas persoas] estar moi unidas por vínculos de amizade. Non vin outros tan ben levados, son uña e carne. Ter as uñas afiadas Ser amigo do alleo. Cómpre ter coidado coa xente que ten as uñas afiadas.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!