uso
Audio 1

uso substantivo masculino1 Feito de usar algo, de facer que cumpra unha función. O uso da máquina mantena en bo estado. ANTÓNIMO desuso Mediante o uso da forza non se consegue nada. Para o uso deste aparello síganse as instrucións do folleto. Estes libros son para uso dos alumnos. SINÓNIMO emprego CONFRÓNTESE utilización2 Función que pode ter unha cousa, actividade para a que pode usarse. Unha ferramenta con moitos usos. CONFRÓNTESE aplicación3 Actividade que realiza habitualmente unha persoa ou un grupo e tamén a maneira de realizala consolidada pola tradición. Facer a fogueira a noite de san Xoán é un uso moi arraigado en Galicia. Cada sociedade ten os seus usos. SINÓNIMOS costume, hábito, práctica CONFRÓNTESE usanza FRASES E EXPRESIÓNS CON uso Dar uso Usar, utilizar. Nótase que non lles deu uso ás ferramentas, que aínda están novas. SINÓNIMO facer uso De bo uso Que aínda está en bo estado. Non vou tirar estes zapatos, que aínda están de bo uso. De uso Expresión que indica como debe usarse unha cousa ou quen debe utilizala. Un medicamento de uso externo. Obxectos de uso persoal. En uso Construción coa que se indica que algo se utiliza aínda. Unha máquina que está en uso. Facer uso Dar uso. A policía tivo que facer uso das armas. Fóra de uso Que xa non se utiliza. Hai palabras que están fóra de uso. Uso de razón Entendemento, capacidade de razoar. O rapaz xa ten uso de razón.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!