valer
Conxugar
Audio 1

valer /verbos/valer.html verbo intransitivo1 [Cousa, persoa] ser útil para algo ou estar en condicións de realizar a súa función. É un home que vale para todo. O cordel vale para atar os zapatos. A vasoira está vella e xa non vale para varrer. SINÓNIMO servir2 [Cousa] ser válida. O que está entre parénteses non vale. O carné vale por tres anos. Ese gol non valeu. O que acabo de dicir tamén vale para o seguinte tema.3 [Cousa] estar permitida. Non vale darlle á pelota coa man. Non vale dicir mentiras.4 Vir ben. Valeunos moito que non chovese para poder rematar a vendima.5 Dar proba de certas calidades ou méritos. Este xornal non vale nada. É un rapaz que vale moito, ha chegar lonxe.6 Ir ou vir en auxilio de alguén. Valédelle, por favor! SINÓNIMO acudir verbo transitivo7 Ter o prezo de. O traxe vale douscentos euros. Canto che valeu o coche? SINÓNIMO custar8 Ter o valor de. Cada resposta acertada vale cinco puntos.9Merecer O que podes conseguir ben vale un esforzo. verbo pronominal10 Poder facer algo por un mesmo, sen axuda. Válese ben ela soa, non lle fai falla ninguén.11(valer de) Servirse de, utilizar. Valeuse dos amigos para chegar a onde chegou. FRASES E EXPRESIÓNS CON valer Vale interxección De acordo. -Quedamos para mañá? -Vale! Valer máis Ser preferible. Vale máis que o fagas ti. Váleche máis comprar outro novo.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


    Cal é a palabra?:

    Escolle unha opción:



    Política de Privacidade

    En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

    Demostra que es humano!

    [recaptcha]