van, va
Audio 1
Audio 2

van (feminino: va) adxectivo1 Que non contén nada ou só contén aire. Tiña unha colección de cunchas vas que ía recollendo nas praias. SINÓNIMOS baleiro1, oco2 Que non ten utilidade ou eficacia. Todas as xestións foron vas. SINÓNIMOS baldío, improdutivo, infrutífero, inútil ANTÓNIMO frutuoso3 Que non lles dá ás cousas serias a importancia debida, que só se preocupa de cousas sen importancia. É unha persoa va. SINÓNIMOS frívolo, superficial CONFRÓNTESE vacuo substantivo masculino4 Espazo baleiro ou desocupado, en especial o lugar da parede onde se abre unha porta ou ventá. Espertouno unha raiola que entraba polo van da ventá. SINÓNIMO oco5 Estreitamento do corpo humano por riba das cadeiras. A saia quédame apertada no van. SINÓNIMOS cintura, cós26 Cavidade entre as costelas e os ósos das cadeiras. Levábaa collida polo van. CONFRÓNTESE illarga FRASES E EXPRESIÓNS CON van En van locución adverbial Inutilmente, en balde. Este traballo fixémolo en van, agora non serve para nada.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!