varal
Audio 1

varal substantivo masculino1 Vara ou pau longo e groso, en particular o que se utiliza para varexar as árbores. Colleu un varal para tirar os ourizos. SINÓNIMOS abaloira, baloira, lareiro1, latoira, varanca CONFRÓNTESE lata2 Vara longa ou armazón de paus longos da que se penduran ou sobre a que se colocan certas cousas. Dá gusto ver os varais cheos de restras de cebolas e de millo. CONFRÓNTESE lata O demo do gato estaba subido no varal a comer nos chourizos. CONFRÓNTESE caínzo Quitaban as bolas do forno e poñíanas nun varal. Colgaban as redes a secar nuns varais que había no porto.3 Pau longo atravesado, apoiado sobre outros dous paus chantados, que serve para impedir o acceso a un lugar. Baixouse do vehículo para retirar o varal.4 Cada unha das dúas pezas de madeira situadas nos bordos da cama, que van da cabeceira aos pés, sobre as que se apoia o somier. Os varais desta cama son de castiñeiro. CONFRÓNTESE relleira5 Cada un dos paus longos que se colocan na parte dianteira do carro para soster o exceso de carga. Cos varais pódese cargar case o dobre de herba seca.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!