ventre
Audio 1
Audio 2

ventre substantivo masculino1 Cavidade dos animais vertebrados que se sitúa entre o tórax e a pelve e contén todas as vísceras agás os pulmóns e o corazón. No conto da Carapuchiña Vermella, o cazador encheulle de pedras o ventre ao lobo. SINÓNIMOS abdome, barriga2 Rexión exterior do corpo que se corresponde con esta cavidade. Arrastrarse sobre o ventre. SINÓNIMOS abdome, bandullo, barriga, tripa3 Conxunto das vísceras contidas no ventre dun animal, especialmente despois de ser extraídas. O matachín retirou o ventre do porco. SINÓNIMOS bandougada, bandullada CONFRÓNTESE tripa4 Parte convexa e grosa de certas cousas. O ventre dun músculo. O ventre dunha ampola. SINÓNIMO barriga5 literarioÚtero Contiña no seu ventre o froito daquel amor ilícito.6 Física Parte central da zona comprendida entre dous nodos dun corpo vibrante. Para facer vibrar un pau hai que golpealo no punto onde se encontra un ventre. FRASES E EXPRESIÓNS CON ventre Alto ventre Anatomía Rexión superior media do abdome, que se encontra entre os dous hipocondrios. O cólico hepático adoita iniciarse cunha dor intensa no alto ventre. SINÓNIMOS boca do estómago, epigastrio Baixo ventre Anatomía Rexión media inferior do abdome, debaixo do embigo, entre as fosas ilíacas. Ferírono no baixo ventre. SINÓNIMO hipogastrio Facer de ventre Evacuar os excrementos. Hoxe aínda non fixo de ventre. SINÓNIMOS cagar, defecar, ensuciar, facer de corpo, ir de ventre Ir de ventre Facer de ventre. Sempre lle custa ir de ventre.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí