verde
Audio 1

verde adxectivo1 De cor semellante á da herba fresca. Os lagartos teñen a pel verde.2 [Vexetal] que aínda ten zume. Esta leña está verde, non vale para queimar. ANTÓNIMO seco3 [Froito] que aínda non está maduro, que non se formou de todo. Gústame coller as mazás verdes da maceira e comelas. ANTÓNIMO chegado CONFRÓNTESE inmaturo4 Que aínda lle falta para alcanzar as condicións adecuadas. Ocorréuselle unha idea pero aínda a ten moi verde, debe traballala máis.5 [Política, ideoloxía, grupo…] que defende ou fomenta a conservación da natureza e o equilibrio ecolóxico. Partido verde. A política verde loita contra a explotación indiscriminada dos recursos naturais. SINÓNIMO ecoloxista6 Que respecta na súa produción ou na súa actividade a conservación do medio ambiente. Industria verde. Compras verdes. Enerxías verdes. SINÓNIMO ecolóxico substantivo masculino7 Cor verde. O verde dos teus ollos engaiólame. substantivo8 Defensor ou partidario dunha ideoloxía que defende a conservación da natureza e o equilibrio ecolóxico. Era o único verde no Parlamento. CONFRÓNTESE ecoloxista substantivo masculino plural9 Movemento político que defende a conservación da natureza e o equilibrio ecolóxico. Os verdes inciden cada vez máis na política europea.Voz actualizada 2024-03-08 14:33:25 Engadíronse as acepcións 5, 6, 8 e 9

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!