verter
Conxugar
Audio 1

verter /verbos/verter.html verbo transitivo1 Facer de forma voluntaria que saia e caia [o contido dun recipiente] nun sitio desexado. Verteu o saco de fariña na amasadora.2 Facer de xeito involuntario que saia e caia [o contido dun recipiente]. Tropezou e verteu o leite da leiteira. SINÓNIMO derramar3 Traducir ou pasar [un texto] dunha lingua a outra. Naquel escritorio vertéronse ao romance numerosas obras en árabe.4 Deixar saír un recipiente [o seu contido] por causa dalgunha imperfección ou rotura nas súas paredes. O radiador verte auga. Tamén absoluto O balde verte. SINÓNIMOS deitar, perder5 Depositar un río [as súas augas] noutro río, no mar etc. O Avia verte o seu caudal no Miño. Tamén absoluto O Miño verte no Atlántico. CONFRÓNTESE desaugar verbo intransitivo6 [Terreo, tellado etc.] estar inclinado cara a un lugar ou punto de xeito que as augas se dirixen a ese punto. A cara norte do Cordal verte ao Cantábrico. CONFRÓNTESE desaugar7 [Augas dunha corrente] ir parar a un determinado lugar. As augas do tellado verten para o norte. verbo pronominal8 [Contido dun recipiente] saír e espallarse por unha superficie. Observaba absorto como se vertía o viño dos bocois polo piso terreño da bodega.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!