vivir
Conxugar
Audio 1

vivir1 /verbos/vivir.html verbo intransitivo1 Ter vida, estar ou seguir vivo. Todos temos dereito a vivir. O enfermo está moi grave pero vivirá.2 propio e figurado Ter existencia. Os sapoconchos viven moitos anos. SINÓNIMO existir Aínda vive entre nós a súa lembranza.3 Ter a residencia nun lugar ou compartila con alguén. Vive con dous amigos. Vivín seis anos en Compostela. SINÓNIMOS habitar, morar, residir4 Pasar a vida. Vive coma un rei.5 Dedicar a vida a un fin. Só vive para o teatro.6 Obter os medios materiais que permiten a subsistencia. Vive da caridade. Está sen traballo, non ten de que vivir.7 Gozar da vida. Ten moitos cartos pero non sabe vivir. verbo transitivo8 Dedicar [a vida] enteiramente a certa cousa. Vive unha vida chea de vicio.9 Experimentar persoalmente [unha determinada cousa]. Vive horas de pesar. CONFRÓNTESE atravesar, pasar1 Gústame vivir a aventura das viaxes. Vive un momento feliz.10 Participar en [un suceso] ou estar presente cando ocorre. Meus pais viviron a guerra civil.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!