vivo, viva
Audio 1
Audio 2
Audio 3

vivo (feminino: viva) adxectivo1 Que, pola súa natureza, ten vida. Os seres vivos. SINÓNIMOS animado, vivente A materia viva.2 figurado Cheo de vida, de actividade. Habito nun barrio moi vivo onde ninguén se aburre. ANTÓNIMO morto3 figurado Que entende as cousas rapidamente e que obra con rapidez e eficacia. Xa nos ollos se lle ve que é un rapaz moi vivo. SINÓNIMOS agudo, albelo, aleuto, espelido, listo4 pexorativo Que sabe moi ben o que lle convén e actúa en consecuencia. É moi vivo para o que lle interesa. Iso pásache por fiarte del, que é máis vivo ca un raposo. SINÓNIMOS astuto, espelido, listo5 Que aínda perdura, que permanece. A súa lembranza estará sempre viva na nosa memoria.6 Que se sente con moita intensidade. Notei unha dor viva aquí no peito. Ten vivos desexos de te coñecer. SINÓNIMOS forte, intenso7 [Cor] que ten intensidade, que atrae a vista. Sempre pinta os labios de vermello vivo. A roupa de cores vivas favorécete. SINÓNIMO intenso ANTÓNIMO apagado8 [Persoa] que aínda non morreu. Todos os náufragos foron rescatados vivos. Un home vivo. Tamén substantivo O mundo dos vivos. ANTÓNIMO morto9 [Lingua] que aínda se fala na actualidade. O inglés e o galego son dúas linguas vivas, o latín non. ANTÓNIMO morto substantivo masculino10 Fita, cordonciño etc., que se aplica nun labor de costura como remate, normalmente nunha cor que contrasta. Nas lapelas e nas tapas da bata puxo un vivo. CONFRÓNTESE gornición FRASES E EXPRESIÓNS CON vivo En vivo [Son, imaxe] que se recolle directamente, no momento no que se produce. O último álbum que publicou o grupo é unha gravación en vivo. CONFRÓNTESE en directo

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!