xénero
Audio 1

xénero substantivo masculino1 Conxunto de seres ou cousas que presentan características comúns. Neste edificio non vive ese xénero de xente. SINÓNIMOS clase, tipo CONFRÓNTESE orde2 Cada unha das clases en que se poden dividir as obras segundo o contido, forma ou estilo. A poesía é un xénero literario. Xéneros en prosa. Xéneros en verso.3 Cada unha das posibles variedades ou categorías que existen de certas cousas. É a mellor artista no seu xénero. Non estou de acordo co xénero de vida que levas. SINÓNIMOS clase, tipo4 Gramática Trazo gramatical que marca a oposición entre masculino e feminino nos substantivos, pronomes, adxectivos e determinantes, que é inherente para os substantivos e pronomes e se establece por concordancia con estes no resto dos casos. Casa é unha palabra de xénero feminino.5 Bioloxía Categoría da clasificación taxonómica intermedia entre a familia e a especie. A xesta e o codeso pertencen á mesma familia, pero a xéneros distintos.6 Calquera cousa que é obxecto de compra e venda. Xa chegou ao almacén o xénero que pediramos. Os xéneros de alimentación son perecedoiros. SINÓNIMOS mercadoría, mercancía7 Tea, tecido. Un comercio de xéneros.8 Conxunto de características, comportamentos, funcións e valoracións socioculturais que se asigna como apropiado para cada un dos sexos nunha sociedade determinada. Identidade de xénero. FRASES E EXPRESIÓNS CON xénero Violencia de xénero VÉXASE violencia

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!