xeada
Audio 1

xeada substantivo feminino1 Fenómeno atmosférico que se produce cando xea e se dan temperaturas inferiores a cero graos, polo que se conxela a auga. As plantas murcharon coa xeada. Está unha noite de xeada.2 por extensión Temperatura moi baixa. Nas noites de xeada non había xerga que lle chegase.3 Capa fina e xeralmente branca de cristais de xeo que se forma ao conxelarse o orballo da noite sobre unha superficie horizontal arrefriada a unha temperatura inferior a cero graos. A xeada cubría o val. SINÓNIMOS carazo, carouxo, lazada2

xeado, xeada
Audio 1
Audio 2

xeado (feminino: xeada) adxectivo1 Moi frío, que está á temperatura do xeo. Sopraba un vento xeado, do norte. SINÓNIMOS glacial, xélido Nesta época do ano, a auga está xeada.2 Que está convertido en xeo ou cuberto polo xeo. A superficie xeada do lago. Nas mañás de xaneiro, os campos aparecen xeados. substantivo masculino3 Doce elaborado con auga, crema, zume de froita ou outros ingredientes mesturados e conxelados. Un xeado de chocolate.

Axuda

A zona de busca avanzada está estruturada en dúas columnas. Na da esquerda pódese facer procuras nos lemas e na da dereita nas definicións, mais é ben saber que se poden mesturar os criterios de ambos os dous lados.

De escribires en varios dos campos, os resultados devoltos cumprirán a totalidade dos criterios introducidos. Para explicar dun xeito práctico o funcionamento presentamos algúns exemplos de uso:

Exemplo 1: Para atopar todas as entradas que comezan por “ter” e rematan en “bel” habería que poñer na caixa de “Comeza por” o texto “ter” e “bel” na de “Remata por”.

Exemplo 2: Para atopar as entradas que comezan por “aba” e na definición conteñen a palabra “casa” cumpriría poñer na caixa “Comeza por” o texto “aba” e na caixa “Na definición” a palabra “casa”.

Exemplo 3: Se o que pretendemos é buscar unha cadea de texto situada no medio dunha palabra, este conxunto de letras escribirase na caixa “Contén”. Así, unha procura da cadea intermedia “menc” atoparía como resultados, entre outros, “mencía”, “demencia” e “menciña”.

Ao facermos unha busca, na pantalla aparecen sempre os resultados por orde alfabética de arriba a abaixo e a dúas columnas, de xeito que o primeiro e segundo aparecen na primeira liña, o terceiro e o cuarto na segunda etc. Ao ir baixando coa barra de desprazamento, o navegador vai cargando máis termos da devolución.

A busca está programada para non distinguir maiúsculas e minúsculas, vogais con acento ou sen el, enes ou eñes, e entre ces e cedillas.


Cal é a palabra?:

Escolle unha opción:



Política de Privacidade

En cumprimento da normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Portal das Palabras informa a aqueles usuarios que faciliten o seu correo electrónico, así como calquera outra información de carácter persoal, que estes datos serán obxecto de tratamento automatizado de carácter confidencial e incorporados aos seus ficheiros informáticos. Así mesmo, os usuarios poderán exercer o seu dereito de acceso, rectificación, oposición e cancelación dos seus datos poñéndose en contacto connosco.

Demostra que es humano!

Axúdasnos a mellorar? Pechar

A túa opinión impórtanos. Queremos saber como usas o Portal das Palabras, que che gusta máis e se botas algo en falta.

Enredarache moi pouco tempo!

Cubre a enquisa aquí